IV CORRECÁN SOLIDARIO CANCORUÑA 2019

 

REGULAMENTO XERAL

ARTIGO 1 - Data

Cancoruña Asociación Canina,co Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo , como colaboradores, organiza o vindeiro domingo 19 de maio o IV Correcán Solidario Cancoruña 2019; un evento a favor das protectoras de animais, a adopción de mascotas, a tenencia responsable e a implantación do microchip obrigatorio. Evento oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia non homologada.

 

ARTIGO 2 -Horario

A proba non competitiva, celebraraseás 10:30 horas.

 

ARTIGO 3 - Saída e chegada a meta

A saída e meta estará situada fronte ao Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor.

 

ARTIGO 4 - Percorrido

O Correcán contará condúas modalidades, a elixir unha no momento da inscrición. Unha distancia curta por un percorrido de aproximadamente 3 km e unha longa nun circuíto duns 5 Kms.

 

Trátase dun único circuíto de ida e volta que contará cun punto de xiro para distancia curta anterior ao momento de xiro da distancia longa.

 

A saída e a meta serán as indicadas no artigo 3. A proba discorrerá pola Avenida Buenos Aires, Avenida Pedro Barrié da Maza, Rúa Matadeiro para enlazar co Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez.

 

O punto de xiro para a distancia curta será na glorieta que está á altura da Fuente dos Surfeiros, sendo o da distancia longa na glorieta sita á altura do AquariumFinisterrae.

 

ARTIGO 5 - Duchas e entrega de dorsais.

Contarase coas duchas do Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor. Igualmente, dun despacho de dorsais nas inmediacións do punto de saída e meta.

 

Ao peche do período de inscripción, a organización comunicará aos participantes, a través da conta de correo electrónico comunicada no formulario de inscripción, o horario de entrega dos dorsáis.

 

Atendendo á Normativa non está permitido o acceso de cans ás instalacións municipais.

ARTIGO 6 -Inscricións

A inscrición da proba efectuarasea través da web www.cancoruna.com na cal figura a ligazón ao formulario e pasarela de inscrición da Federación Galega de Atletismo; ou directamente en www.carreirasgalegas.com da FGA.

 

O custo da inscrición é o seguinte segundo as categorias:

 

Categoría de adultos (maiores de 14 anos): 6€

Categoría de nenos (entre 3 e 14 anos): 2€

Categoría de pitufos (menor de 3 anos): Gratuita.

 

En caso de participar dous ou máis persoas co mesmo can, deberán de realizar unha inscrición por persoa.

 

O importe recadado pola venda de dorsais será repartido integramente entre as asociacións beneficiarias participantes.

 

Por seguridade na celebración do evento, o cupo está limitado a 1000 inscricións. Calquer cambio será comunicado. En caso de non producirse peche de inscricións por esta razón, admitiranse ata o luns 13 de maio de 2019 ás 23:59 horas.

 

Como se indica ao longo deste regulamento, é requisito para participar:

 

·         Estar ao día en materia de tenencia e protección animal.

·         Que o can teña implantado o microchip identificativo amparado pola correspondente documentación.

·         Poderán participar os cans catalogados como potencialmente perigosos cos requisitos de seguridade establecidos pola normativa legal e que se detallan neste regulamento.

·         En todo momento, o can deberá de ir suxeito da man do seu guía pola correa.

·         Os participantes no Correcán non poderán conducir máis de un can.

·         É necesario que o comportamento social do can sexa o adecuado para o tipo de evento ao que vai participar. Se ten algunha dificultade na relación con outras mascotas ou persoas, a organización poderá solicitar ao participante a retirada da carreira.

·         Os participantes menores de 14 anos deberán de ir acompañadosdun adulto.

·         A organización ou calquera outro membro acreditado poderá solicitar a retirada da carreira a calquera persoa que incumpra coas normas establecidas no regulamento.

·         Só poderán participar as persoas que porten, de maneira visible na zona do peito, o dorsal do  IV Correcán Solidario Cancoruña 2019 que vai incluído na bolsa do corredor. A non utilización do dorsal será motivo para que a organización indique a necesidade de retirarse do circuíto.

·         Non está permitido o acompañamento na actividade de ningún vehículo alleo á organización. Nin coches, nin bicicletas, nin patíns, nin persoas non inscritas que poidan acompañar.

 

ARTIGO 7 - Entrega de dorsais

A entrega de dorsais realizarase a véspera, sábado 18 de maio, en horario ininterrumpido, entre as 11:00 e as 20:00 horas e o mesmo día entre as 09:00 e as 10:00 horas. Terá lugar no Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor.

 

Calquer cambio que sexa necesario no horario de entrega de dorsais será comunicado.

 

A Organización recomenda retirar o dorsal a víspera do evento.

 

Atendendo á Normativa non está permitido o acceso de cans ás instalacións municipais.

 

O participante deberá de presentar o pasaporte para animais de compañía da UniónEuropea, que é o documento xustificativo da posesión do chip identificativo e obrigatorio.

 

Recoméndase portar a documentación o día da carreira ante a posibilidade dun control itinerante de documentación.

 

Así mesmo, en caso de poseer un can dos catalogados como potencialmente perigoso deberá de presentar a correspondente licenza que corresponderá ao titular do dorsal.

 

A non retirada do dorsal na data e horario sinalados implicará a perda do dereito ao dorsal e á bolsa do corredor e, por tanto, a non participación da persoa na carreira.

 

ARTIGO 8 -Avituallamiento

Ao termo da carreira existirá unespazo acoutado próximo á zona de meta, onde os corredores participantes, por medio da presentación do dorsal oficial, poderán retirar o avituallamiento ao que terándereito.

 

ARTIGO 9 -Colocación previa

Os participantes, cos seus cans, deberán de colocarse na zona acoutada que lles corresponda na saída, preparados para á salida ao circuito seguindo as instruccións dos organizadores.

 

ARTIGO 10 -Premios

A entrega de premios terá lugar no punto de saída e meta, á chegada de todos os participantes.

 

Serán premios que non favorezan a competitividade e que poderán coincidir ou non cos outorgados enedicións anteriores.

 

Os participantes premiados contarán cun agasallo por xentileza dun colaborador ou de Cancoruña Asociación Canina.

 

Doutra banda, concederaseun premio a aquel equipo popular (asociación, empresa, club, colectivo...) que se presente á proba con maior número de participantes, previa inscrición en forma e prazo.

 

ARTIGO 11 - Actuación de membros acreditados

Os membros da organización, debidamente identificados (Policía Local, Proteccion Civil, Veterinarios, Voluntarios da Organización...) e designados para colaborar no desenvolvemento da carreira terán capacidade para informar e aconsellar aos participantes e autoridade para chamar a atención e mesmo para retirar da carreira a corredores ou corredoras que non respecten as indicacións e por tanto xeren algún tipo de incidente ou calqueraanomalía que poida provocar conflitos a outros parcitipantes.

 

ARTIGO 12 -Protección de datos

Todos os participantes polo feito de realizar a inscriciónaceptan a publicación do seu nome e imaxeenmedios de comunicación e ou Internet.

 

Mediante a súainscrición, o corredor consente expresamente que os seus datossexan utilizados pola organización para comunicacións sobre as súasactividades.

 

Cancoruña Asociación Canina poseerá todos os datos recabanos no formulario de inscripción, inclusive os datos de contacto de cada particpante para o envío de información relativa ao evento.

 

En todo caso, e tal e como establece a Lei de protección de datos, o/a interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un correo electrónico a Cancoruña Asociación Canina cancoruna.secretaria@gmail.com.

 

ARTIGO 13 - Seguro

A organización contratou un seguro de responsabilidade civil e accidentes para todas as persoas participantes.

 

O participante deberá ter contratado un seguro de responsabilidade civil que cobre os danos que puidese ocasionar o can a outras persona, animáis ou cousas.

 

ARTIGO 14- Aceptación das condicións e exención de responsabilidade

A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento por parte do participante eximindo de toda responsabilidade á organización por calquera incidente ou contratempo que lles suceda, tanto á persoa como ao can por imprudencias ou neglixencias dos mesmos, da mesma forma que se o can ou a persoa infrinxe algún dano ou prexuízo durante a súaparticipación no Correcán Solidario Cancoruña.

 

O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que ten subscrito un seguro de responsabilidade civil que cobre os danos que puidese ocasionar o can a outras persoas, animais ou cousas.

 

Así mesmo, os participantes declaran que tanto eles como os cansestánen óptimas condicións físicas para a realización desta proba; facéndoo  baixo a súa responsabilidade e eximindo a Cancoruña Asociación Canina.

 

Cada participante responsabilízase de cumprir coas obrigacións derivadas das bases, así como co disposto na normativa de protección animal.

 

ARTIGO 15 -Promoción

Formando parte do desenvolvemento do evento os participantes poderán ser fotografiados ou gravados durante o mesmo e ditas fotos e gravacións poderán ser utilizadas pola organización para facer publicacións en calquera medio, propio ou alleo, como parte da promoción e publicidade deste acto.

 

Por tanto, infórmase que poderán asistir medios de comunicación que tomen imaxes durante o transcurso que poderán ser utilizadas por eles sen que Cancoruña Asociación Canina poida controlar tales usos e sen que se faga responsable dos mesmos.

 

ARTIGO 16 - Cambios no regulamento

A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento, sen consulta previa aos participantes, se así o considerase por velar por unha boa organización, desenvolvemento do evento e seguridade dos corredores; debendo comunicalo na web, tanto na de Cancoruña Asociación Canina como na da Federación Galega de Atletismo e na información ao participante se fose posible.

 

A participación no evento implica a aceptación das presentes bases.

 

Todo o non disposto neste regulamento resolverase segundo o criterio da organización. 

REGLAMENTO GENERAL DEL CORRECÁN
Regulamento IV Correcan Solidario Cancor
Documento Microsoft Word 73.7 KB